miércoles, 8 de septiembre de 2010

A música de Santanocribo nunha emisora holandesa

Pois si, o que estades a ler. O vindeiro domingo día 12 de setembro, a emisora holandesa Radio Capelle, ás 17:00 h, haberá un programa de radio adicado a Galiza no que se porá a música de Saltanocribo.
Dicir que esta posibilidade xurdiu dun concerto de Saltanocribo en Holanda celebrado no día 29 de maio en Rotterdam no que Sofie Lodders foi a técnico de son. Sofie Lodders tamén é a persoa que conduce o programa de radio "Wolkswijs" en dita emisora.
Podedes escoitar o programa completo o domingo de 17:00 a 18:00 h a través da web da radio: http://radiocapelle.nl


Moitas grazas por todo Sofie, saudos!!!

sábado, 4 de septiembre de 2010

Grazas Vigo!!!

Onte pola noite, no Bar Hipólito de Vigo, Saltanocribo inaugurou o Festival Folk de Vigo.
Queremos agradecerlle a todo o público que asistiu ao concerto o apoio que sentimos ben preto. Moitas grazas polos vosos aplausos, por ter bailado coa nosa música e por todo.

Grazas a Oscar por ternos invitado ao festival, grazas a Hipólito polas Guiness tan ben tiradas e polos pinchos tan ricos, e a todo o público por todo.

Agardamos vervos pronto.

Grazas Vigo!!!!

jueves, 2 de septiembre de 2010

Concerto no bar Hipólito, en Vigo

O viendeiro venres día 3 de setembro, Saltanocribo tocará no bar Hipólito situado na Avda de Castrelos nº 26.

Esperámosvos alí.

Un saúdo.